martes, 15 de diciembre de 2009

lunes, 14 de diciembre de 2009

http://blog.espol.edu.ec/camoreno/files/2009/07/cpu.jpg
http://www.lavozdegalicia.es/deza/2009/12/10/0003_8160552.htm
Hoxe, 10 de decembro, conmemórase o Día Mundial dos Dereitos Humanos. Deste xeito, celebramos os 61 anos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que foi o primeiro recoñecemento internacional de que todos os seres humaqnos teñen dereitos e liberdades fundamentais, e segue sendo hoxe en día un documento vital e válido.

O lema deste ano «Vive a diversidade, termina coa discriminación» está directamente vinculada coa premisa fundamental do ordenamento xurídico internacional dos dereitos humanos: Todos os seres humanos nacen libres, iguais en dignidade e dereitos. Sen embargo millóns de persoas en todo o mundo continúan librando unha loita diaria contra a discriminación.

Hai unha estreita relación entre a pobreza e discriminación que conleva a denegación de Dereitos Humanos. Na actualidade, unha de cada seis persoas vive con menos dun dólar ó día; os efectos da pobreza e a negación dos dereitos fundamentais permanecen constantes: Fame, desamparo, pouca educación e falta de recursos básicos son algúns exemplos que nos fan pensar que algo non se está facendo ben.

Os dereitos humanos pódense analizar dende a óptica da non discriminación, xa que estes prohíben a discriminación por motivos de raza, color, xénero, idioma, relixión, opinións políticas, orixe nacional ou social, discapacidade, nacemento ou outras condicións. A pesares disto, e aínda que o obxetivo principal das Nacións Unidas é promover a construción de sociedades sin discriminación e un mundo donde haxa un trato igualitario para todos, vemos cada día como este fenómeno está presente e enraizado nas nosas vidas sendo máis resistente do que nadie podía imaxinar:

Grupos que, pola súa orixe racial son discriminados sen poder acceder a servizos de educación, sanidade ? As mulleres son outro grupo desfavorecido que supón máis da metade da población mundial. Hoxe por hoxe séguense aplicando leis que as discriminan, sendo ésta unha práctica moralmente bastante aceptada pola sociedade.

Estes son tan só algúns exemplos de discriminación, pero cada un de nós podería relatar sen ningún esforzo, moitos máis casos. Asi mesmo cada individuo pode causar, con pequenos xestos, un efecto positivo para poder poñer fin á discriminación. Non se pode terminar con estra lacra se non somos capaces de educar ás novas xeracións e a nós mesmos no respeto e a consideración moral dos que son diferentes.

Dende Avanza Trasdeza, queremos darlle a este día a importancia que ten, instando a toda a comunidade e especialmente ós líderes políticos e ós gobernos a que adopten medidas concretas e duradeiras que contribúan a poñer fin á discriminación.

Polo tanto, e aínda que a aprobación da Declaración dos Dereitos Humanos marcou un hito, hai que seguir traballando xa que o camiño andado é mínimo se o comparamos co que queda sen percorrer. O día en que os principios da declaración se apliquen plenamente en todas partes e sen excepción, poderemos celebralo como se merece. Xunta directiva da Asociación Avanza Trasdeza

martes, 24 de noviembre de 2009

esta sonia

lunes, 23 de noviembre de 2009

Imagen de un ordenador.